LA OFICINA TÉCNICA DE EMPLEO DEL AYUNTAMIENTO TRAMITA SUBVENCIONES DE LA XUNTA DE GALICIA PARA LA PROMOCIÓN DEL EMPLEO AUTÓNOMO

A Oficina Técnica de Emprego do Concello de Lourenzá tramita subvencións da Xunta de Galicia para a promoción do emprego autónomo.

O axente de Emprego e Desenvolvemento Local en Lourenzá, José Cuadrado, deu a coñecer que “o pasado 27 de maio publicáronse no Diario Oficial de Galicia (DOG) as subvencións para a promoción do emprego autónomo. Saíron dúas ordes de axuda: unha específica para  menores de 30 anos e outra para maiores de 30 anos e desempregados en xeral”.
 
José Cuadrado explicou que “ante unha situación de crise como a actual e ante a falta de traballo pensamos que o emprego autónomo pode ser unha alternativa moi viable, polo que dende o Concello animamos a todos aqueles que teñan algunha idea ou proxecto en mente a que veñan informarse sobre estas axudas que son moi importantes e vantaxosas para sacar adiante proxectos ou negocios”.