LA PLAZA DEL CONDE SANTO ACOGERÁ EL PRÓXIMO MIÉRCOLES LA CARPA XPLORA, QUE INFORMA SOBRE LOS PROGRAMAS DE LA XUNTA PARA JÓVENES

A Praza do Conde Santo acollerá o vindeiro mércores, día 18, de 11 a 13 horas a carpa Xplora, que informa sobre os programas da Xunta de Galicia para mozos e mozas.
A concelleira de Educación en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, anunciou hoxe que “é unha actividade que chega ao noso concello a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Xunta de Galicia, e é un espazo no que basicamente se trata ofrecer información de asesoramento dos recursos e programas que a propia Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta aos mozos da nosa comunidade. Poderán acceder a información sobre os programas Erasmus Plus, Quérote Máis, o carné xove, a iniciativa Xove 2014, programas de mobilidade galega, etcétera”.
“Animamos a todos os xoves laurentinos a que se acheguen a este espazo de divulgación, pois a través do mesmo poden ter información de moitas actividades que seguramente descoñezan ou das que non están informados ao cen por cen. É unha actividade que será levada a cabo por dinamizadores da rede de animación xuvenil de Galicia. Realízase en coordinación coa Concellería de Educación, basicamente a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Lourenzá”, explicou Lupe Flórez.