LA PLAZA DEL CONDE SANTO ACOGERÁ UN TALLER DE JUGUETES TRADICIONALES Y UNA OLIMPIADA DE JUEGOS POPULARES MAÑANA, MARTES

A praza do Conde Santo acollerá un obradoiro de xoguetes tradicionais e unha olimpíada de xogos populares mañá, martes, a partir das sete e media da tarde.
A concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez Seivane, explicou: “dende o Concello de Lourenzá queremos trasladar a todos os veciños un convite que nos fixeron chegar un grupo de profesores e alumnos do IES Indalecio Pérez Tizón, de Tui, que estes días se encontran no noso concello. Onte foron partícipes da xornada Todos cara a Tovar e mañá, martes, día 1 de xullo, convídannos a todos participar ás 7 e media da tarde na praza do Conde Santo nun obradoiro de xoguetes tradicionais e unha olimpíada de xogos populares”.
“Queremos facer extensiva a invitación a todas aquelas persoas que queiran rememorar a súa infancia e a aqueles máis novos, que non chegaron a coñecer eses xogos populares, para que se acheguen ao Cantón de Lourenzá para pasar unha tarde divertida e compartila con esas persoas que estes días se atopan no noso concello”, comentou Lupe Flórez.