Lourenzá, 5 de febreiro de 2013. Un arquitecto da Secretaría Xeral para o Deporte estivo en Lourenzá visitando as instalacións deportivas do concello e coñecendo de preto as necesidades que os laurentinos teñen nesta materia. A Xunta cumpre así co acordado no encontro que mantivo en Santiago a alcaldesa, Emma Álvarez, o pasado mes de decembro e no que demandou un campo de fútbol de herba sintética para Lourenzá.
A Secretaría Xeral para o Deporte realizará o estudo correspondente “para ver cómo nos poden axudar. Todo apunta a que o que se podería facer sería un campo de fútbol de herba natural no lugar previsto para o de herba artificial”, segundo explicou esta mañá a rexedora.
Emma Álvarez dirixiráse tamén á Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo, que dirixe o barreirense Antonio Veiga “co obxectivo de pedirlle axuda para poder contar con esta infraestructura”.