Lourenzá, 23 de novembro de 2012. A xunta de goberno local do Concello de Lourenzá aprobou a execución de obras por importe de 28.411 euros para acometer a mellora de accesos a varios núcleos do concello: A Gracia, Recimil, Bordón, Pedrón, Tilleira, Ramalledo e Painzás.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que o acondicionamento destes accesos vai con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación Provincial de Lugo, que aporta 12.705 euros, e o Concello de Lourenzá, con fondos propios, achegará 15.706 euros.
Emma Álvarez considera que “desta maneira contribuímos a mellorar os accesos e a acondicionar o pavimento das estradas municipais”.