MAIORES VECIÑOS DO CONCELLO DE LOURENZÁ ASISTIRON A UN OBRADOIRO DE LECTURA E ESCRITURA EN GALEGO

Maiores veciños do concello de Lourenzá asistiron a un obradoiro de lectura e escritura en galego organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa durante este mes de setembro. Este obradoiro impartiuno a técnico do servizo, que é a licenciada en filoloxía galego-portuguesa Mª Luz Pérez Goás, quen explicou que “a finalidade era crear un espazo onde as persoas de entre 60 e 80 anos puidesen compartir o pracer da lectura e da escritura en lingua galega. O alumnado valorou de forma positiva esta iniciativa, que lles permitiu tomar contacto coa lectura e escritura na lingua que falaron toda a vida”.