A saída tivo ligar ás 7:00 horas dende Lourenzá chegando á estación ó redor das 10:30. A partir das 11:30 e en grupos reducidos os participantes nesta excursión recibiron clases de esquí durante 3 horas con monitores especializados. Logo de repoñer forzas ó mediodía, pola tarde puxeron en práctica os coñecementos adquiridos durante a xornada de mañá, para emprender o regreso ás 17:30 horas. Todos disfrutaron desta nova experiencia e xa pensan en repetir no sucesivo unha nova saída para disfrutar deste deporte.
Máis fotos en: http://www.23hq.com/edlourenza/album/15581267