Lourenzá, 5 de novembro de 2012. O concelleiro de Comercio en Lourenzá, Antonio Reigosa, aclarou hoxe que os cortes eléctricos que fai a empresa subministradora Begasa son por traballos alleos ao Concello e que se levan a cabo con frecuencia en tódolos municipios para mellorar o servizo.
“Ante a alerta que algúns quixeron sementar entre os empresarios, comerciantes e veciños de Lourenzá” Reigosa explicou que haberá un corte na subministración eléctrica o día 10 deste mes de 8 a 15 horas que afectará aos transformadores de Arroxo e Muebles Gama. E o día 11 será de 8 a 12:30 da mañá nos centros de transformación de Soutelo, Condemiña, Pumardedón, Alaxe, San Lourenzo, Mazúa, Carroceiras, Machuco, Adellao e Requeixo. Polo tanto “non serán en Vilanova de Lourenzá e non haberá ningún establecemento comercial ou hostaleiro que resulte afectado”.
O concelleiro de Comercio anunciou tamén que Begasa adquiriu o compromiso co Concello de axilizar os traballos de mellora ao máximo para repoñer o subministro o antes posible e que a duración dos cortes sexa menor da prevista.