Lourenzá, 28 de xuño de 2013. O Concello de Lourenzá anuncia a apertura do prazo para solicitar a participación no programa de turismo social do IMSERSO, período de inscrición que estará aberto ata o día 12 de xullo.
Dende o Concello explican que os requisitos para acceder a este programa son os seguintes: “ter como mínimo 65 anos cumpridos; pensionista de xubilación da Seguridade Social ou pensionista de viuvez cuxa idade sexa igual ou superior a 55 anos ou outros pensionistas da Seguridade Social ou prexubilados, en ámbolos casos con 60 anos (presentar solicitude)”.
Os participantes “poden levar de acompañante ao cónxuxe ou parella de feito, aínda que non reúnan as condicións da idade e pensión. Tamén se admite un fillo con discapacidade que teña un grao do 45 por cento, sempre que viaxe cos pais e ocupe unha cama supletoria. En todo caso, os solicitantes deben valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis”.
O prazo para presentar as solicitudes “está aberto ata o 12 de xullo de 2013 e poderán enviarse por internet ou por correo. Pero o prazo non se pecha ata o 1 de decembro para aquelas persoas que non formularan no seu momento a solicitude, pero só para cubrir posibles vacantes”.
Os veciños de Lourenzá interesados en obter máis información poden dirixirse ao despacho da traballadora social do Concello en horario de mañá.