O CONCELLO APROBOU UN INVESTIMENTO DE 25.420 EUROS PARA MELLORAR ESTRADAS NAS CATRO PARROQUIAS DO MUNICIPIO

Lourenzá, 12 de febreiro de 2014. O Concello de Lourenzá aprobou un investimento de 25.420,16 euros para mellorar estradas nas catro parroquias do municipio.

O concelleiro de Obras, Dino Vidal, explicou que a metade do investimento corresponde a fondos propios do Concello e o restante vai con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación de Lugo.

“Seguimos apostando por mellorar a rede viaria municipal executando con aglomerado en quente a rúa das Prazas, dende a avenida do Val á rúa de Secretario Luis Iglesias. Na parroquia de San Adriano mellorarse con rego asfáltico a estrada municipal que vai dende o vial da Pateira á estrada da Deputación P-2801. Ademais en Santo Tomé alcatranarase a pista de Castiñeiras Verdes e na parroquia de San Xorxe farase a ampliación da saída da vía municipal que dende Chantado se incorpora á estrada da Deputación P-2802 á altura do Foro”, especificou Dino Vidal, quen destacou que “así a inversión vai repartida nas catro parroquias”.