O PASADO SÁBADO O 21 DE SETEMBRO DE 2013 A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ ORGANIZOU UNHA ANDAINA POLA RUTA DO CARES

O pasado sábado 21 de Setembro de 2013, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, organizou unha ruta que ningún sendeirista debería deixar de facer, a Ruta do Cares. Nela participaron unhas 40 persoas, que tras percorrer uns 23, 5 km aproximadamente cruzaron de Posada de Valdeón a Poncebos, repoñendo forzas en Caín. A ruta tivo, como non podía ser doutro xeito, unha gran aceptación e os sendeiristas deron fe da preciosidade da mesma e os encantos que esconde, magnificados polo impresionante dia do que se disfrutou. A palabra mais repetida despois desta viaxe á "Garganta Divina" foi "impresionante"; anque eso sí, algúns mostraban claros síntomas de cansanzo, tanto pola dureza da ruta como polo longo desprazamento que se fixo en autobús, con mais de 5 horas de viaxe para ir e 3 horas para volver e cun importante madrugón, xa que se saiu as 6 da madrugada da praza do Conde Santo en Lourenzá e regrouse en torno as 23 horas.

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, xa está traballando na próxima ruta, que terá lugar o día 13 de Outubro e será a Ruta da Auga de Guitiriz.