Lourenzá, 15 de xaneiro de 2014. O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá mañá, xoves, día 16 de xaneiro, ás once da mañá unha charla sobre o cultivo da faba a cargo do xefe do laboratorio agrario de Mabegondo, Jesús Collar Urquijo.
Esta actividade está organizada pola oficina agraria comarcal de Mondoñedo, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración do Concello de Lourenzá e da cooperativa Terras da Mariña.
Jesús Collar falará sobre sanidade vexetal no cultivo da faba, selección da semente, comportamento dos virus e outras enfermidades.