Lourenzá, 15 de agosto de 2013. O vindeiro xoves, día 22 de agosto, remata o prazo de inscrición para participar na viaxe ao parque acuático de Cerceda organizada polo Concello de Lourenzá para os nenos e nenas maiores de 6 anos e os familiares que queiran acompañalos. A concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez, explicou que das 51 prazas que hai quedan por cubrir 10. Os interesados en ocupar algunha delas poden inscribirse nas oficinas municipais en horario de 8:00 a 15:00.
A viaxe realizarase o día 26 deste mes, luns. A saída de Lourenzá está programada para as 10 da mañá e o regreso está previsto para as 8 e media da tarde.