Hoxe xoves día 26 DE SETEMBRO, ás 18:00 horas e no salón de Actos do Concello deLourenzá presentouse en roda de prensa a IV EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR VAL DAS FABAS.
A carreira será o vindeiro 5 de outubro enmarcada dentro da programación festiva da Festa da Faba de Lourenzá ás 16:30 horas para categorías menores e ás 17:30 horas para cadetes, juniors e séniors(percorrido de 6,330)
Estiveron presentes,
- Dª. Emma Álvarez Chao (Alcaldesa do Concello de Lourenzá)
- D. Manuel Otero Méndez (Servicio Provincial De Deportes da Xunta de Galicia)
- Dª Lupe Flórez Seivane (Concelleira de Cultura)
- D. Francisco Hermida (Padriño da proba)
- Os atletas medallistas galegos nesta temporada pasada Ana Vallines, Ainara Rguez., Hugo Rguez, Bruno Santos, Adnan Itrih e Nerea Bajatierra
- E os responsables das empresas colaboradoras: Neli, Augacons, Cabaleiro, Josbi, Pastelería Cabaleiros, Aliprox e Ana Sport.
Esta edición será a primeira que teña padriño a proba, que será D. Fco. Hermida, natural de Lourenzá e que no ano 1954 foi campión galego absoluto de 3000 metros lisos e 7º no Cto. De España de Campo a Través. Él será o encargado de cortar a cinta xunto coa Alcaldesa de Lourenzá Dª. Emma Alvarez para dar o inicio á proba de adultos.
Será tamén a primeira edición que se corra con cronometraxe oficial de Championchip ( vídeo chegada en línea de meta) e ademáis de dar o premio de 100 euros ó campión masculino e campiona feminina en material deportivo teremos un saqueto de fabas para todos os vencedores das diferentes categorías de adultos, ademáis de trofeos ós 3 primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores e un regalo técnico para os adultos. A proba contará tamén con avituallamento líquido e sólido á metade e final do percorrido, cronómetro xigante en meta, seguro individual de accidentes, dorsal com impresión de código QR para visualización inmediata de resultados persoais ó chegar á meta, ambulancia, vallas e senalización do circuito cada 500 metros....
Categorías:
PITUFOS MASCULINO / FEMININO: 2009, 2010, 2011…. 150 MTS.
PREBENXAMÍN MASCULINO / FEMININO: 2007, 2008. 150 MTS.
BENXAMÍN MASCULINO / FEMININO: 2006, 2005. 400 MTS.
ALEVÍN MASCULINO / FEMININO: 2004, 2003 700 MTS.
INFANTIL MASCULINO / FEMININO: 2002, 2001 1400 MTS.
CADETE MASCULINO / FEMININO: 2000, 1999 6,330 MTS.
XUVENIL MASCULINO / FEMININO: 1998 / 1997 6,330 MTS.
ABSOLUTO MASCULINO / FEMININO: 1976 / 1996 6,330 MTS.
VETERANO A MASCULINO / FEMININO: 1977 / 1968 6,330 MTS.
VETERANO B MASCULINO / FEMININO: 1967/ 1958 6,330 MTS.
VETERANO C MASCULINO / FEMININO: 1957 ...... 6,330 MTS.
INSCRIPCIÓNS:
DATA LÍMITE: O MÉRCORES 2 DE OUTUBRO, a través de championchipnorte.com. Para categorías menores, poderanse realizar ata unha hora antes do comenzo da primeira proba!!!