O vindeiro sábado 28 de Xuño a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, viaxará ata Burela, para facer a ruta da Serra do Buio ao Monte Castelo, una ruta cunha distancia de 8.2 km e de dificultade baixa. A Asociación Pasada das Cabras de Burela invitaranos á comida.
O prezo para o desprazameno será de 5 € os socios e de 8 € os non socios. O prazo para anotarse remata o vindeiro xoves 26 ás 11:00 horas.
E para continuar, o domingo 29 participaremos na xornada de lecer, cultural e de convivencia na Fortaleza de Tovar. A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá fará a ruta A Pena do Castelo, unha distancia de 8 km de dificultade baixa que nos levará dende o alto de Oural ata o Pazo de Tovar. Sairase ás 11:00 horas do Pazo de Tovar en bus ata Oural, para unha vez alí emprender a ruta. Haberá unha churrascada ao chegar que terá un coste de 8 €.
Anotarse nos teléfonos 982 12 10 06 (Pepe), 636 49 64 48 (Fe) ou no correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com.