SABELA E MARTA, PRIMEIRAS RENOVACIÓNS DO EQUIPO DE 1ª NACIONAL

Marta García e Sabela Uriz son as primeiras compoñentes que confirmaron no día de hoxe a súa renovación co equipo que esta vindeira temporada militará en Liga Nacional.

Marta García seguirá por tanto por cuarta temporada consecutiva no equipo de Juan Nécega. Xoga como escolta e foi unha das xogadoras máis regulares e con máis minutos disputados a pasada campaña que supuxo o ascenso histórico de categoría.

Sabela Uriz, base titular a temporada pasada tamén seguirá no equipo. Estará así por terceiro ano consecutivo levando a batuta do equipo dirixindo o xogo.

Ademáis, estase falando coas xogadoras que tiveron ficha en autonómica a pasada campaña e supoñemos que en breve se confirmará algunha xogadora máis, e dependendo ademáis das xogadoras sub-23 que teña o Durán Maquinaria Ensino de Liga Feminia porque éstas alternarán os seus encontros tamén en Nacional. Así o obxectivo do míster Juan Nécega será a de ter un plantel formado por 8 xogadoras sénior e completar ata 12 coas júnior que tan bo rendemento deron o ano pasado e que éste son de segundo ano.