Novas

O GOBERNO LOCAL LEVA A UN PLENO DA CORPORACIÓN QUE SE CELEBRARÁ ESTE XOVES A PETICIÓN DE MELLORAS NO SERVIZO DE CORREOS E QUE O XULGADO DE PAZ MANTEÑA AS FUNCIÓNS DE REXISTRO CIVIL

A corporación municipal de Lourenzá celebrará un pleno extraordinario este xoves, día 16, ás dez da mañá. Na sesión tratarase unha moción do goberno local para solicitar melloras no servizo de Correos que se ofrece no municipio e outra na que piden ao Ministerio de Justicia que o Xulgado de Paz de Lourenzá manteña os servizos e funcións de rexistro civil.

OS ATLETAS DAS ESCOLAS E A SECCIÓN DE ATLETISMO LOURENZÁ PARTICIPARON NA CARREIRA POPULAR DO VIÑO DE QUIROGA E NA POPULAR DO AUGARDENTE DE PORTOMARÍN

Os atletas das Escolas así como a sección de Atletismo Lourenzá (adultos) participaron o pasado Venres na carreira popular do Viño de Quiroga e este domingo na popular do Augardente de Portomarín; destacando unha vez máis os triunfos de Ana Vallines e Ainara Rguez.

En Quiroga Na XI Carreira Popular do Viño de Quiroga Ana Vallines facíase co título na categoría infantil feminino. Fernando Vallines era 10º en Alevín Masculino e Luís Graña na categoría sénior percorría 9 kilómetros en 37:36 (33º da súa categoría)

A XUNTA ADXUDICA AS OBRAS DE SANEAMENTO DO NÚCLEO RURAL DE REQUEIXO, NO CONCELLO DE LOURENZÁ, POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 304.000 EUROS

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudica hoxe as obras de saneamento do núcleo rural de Requeixo, no Concello de Lourenzá, por un importe de 304.758 euros.

A Xunta vén de adxudicar estas actuacións á UTE-Construcciones Presa Ibañez, S.L. & Construcciones Porlan, S.L.. As obras proxectadas iniciaranse no mes de xuño e está previsto o seu remate ao longo deste ano.