Novas

O PAZO DE TOVAR ACOLLERÁ ESTE SÁBADO, 28 DE MARZO, VARIAS ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O PRIMEIRO ANIVERSARIO DA SÚA APERTURA DESPOIS DA RESTAURACIÓN

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, deu a coñecer esta mañá as actividades programadas o vindeiro sábado para celebrar o primeiro aniversario da apertura do Pazo de Tovar tras a súa restauración. Haberá un concerto de cantigas de amigo, acceso gratuíto ese día pola tarde ás instalacións e inauguraranse dúas exposicións.

ETHEL VÁZQUEZ ADIANTA QUE A XUNTA ADXUDICARÁ NOS VINDEIROS DÍAS A MELLORA DE SANEAMENTO EN REQUEIXO, EN LOURENZÁ, CUXAS OBRAS COMEZARÁN NO MES DE XUÑO

A Xunta de Galicia adxudicará nos vindeiros días as obras de mellora do saneamento ao núcleo de Requeixo, en Lourenzá, o que permitirá iniciar os traballos no mes de xuño para rematalos dentro deste mesmo ano. Así llo confirmou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, á alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, na reunión de traballo que mantiveron.

O Goberno galego realizará un investimento de case 340.000 euros en actuacións de saneamento no Concello de Lourenzá.