Novas

UN ROTEIRO LITERARIO PERCORRE EN LOURENZÁ OS ESCENARIOS ORIXINARIOS DA VIDA E OBRA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, encabezaron esta tarde o primeiro percorrido a pé do ‘Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego’, unha iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello. Segundo explicou Anxo Lorenzo, o obxectivo deste percorrido é honrar o legado dun persoeiro “cun grande espírito de construción cultural”, e “figura clave para o desenvolvemento da identidade de Galicia e da súa cultura” nado hai 102 anos nesta localidade lucense.

O PAVILLÓN MUNICIPAL ACOLLERÁ O 19 DE ABRIL UN FESTIVAL FOLCLÓRICO INFANTIL ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL OSORIO GUTIÉRREZ

O pavillón municipal de Lourenzá acollerá o día 19 do vindeiro mes de abril, domingo, ás 18:30 horas un festival folclórico infantil organizado pola asociación cultural Osorio Gutiérrez.

Ademais do grupo anfitrión, pertencente ao colectivo organizador do evento, participarán O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, e Saíñas, de Xove.

A entrada para asistir a este festival folclórico infantil será gratuíta.

 

O PAZO DE TOVAR ACOLLEU A CELEBRACIÓN DO 1º ANIVERSARIO DA INAUGURACIÓN DA SÚA REHABILITACIÓN, DENDE A QUE RECIBIU MÁIS DE MIL VISITANTES. FORON INAUGURADAS DÚAS EXPOSICIÓNS QUE SE PODERÁN VISITAR ATA FINAIS DE ABRIL

O Pazo de Tovar acolleu varios actos o pasado sábado para celebrar o primeiro aniversario da inauguración da súa rehabilitación, dende a que recibiu máis de mil visitantes. Así o destacou a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, na súa intervención durante a xornada.

TRALO ÉXITO ACADADO O ANO PASADO, O RECINTO FEIRAL ACOLLERÁ A SEGUNDA FESTA DEDICADA ÁS FABAS DE LOURENZÁ CON CALLOS O 02 DE ABRIL, DÍA DE XOVES SANTO. ESTÁ ORGANIZADA POLA COMISIÓN DE FESTAS DE SANTA CRUZ 2015 E FOI PRESENTADA HOXE NA CASA DO CONCELLO

O recinto feiral de Lourenzá acollerá a segunda festa gastronómica dedicada ás fabas de Lourenzá con callos o día 02 de Abril, Xoves Santo, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola comisión de festas de Santa Cruz 2015 e foi presentado hoxe na Casa do Concello pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao; o concelleiro de Deportes e Xuventude, Pablo Maseda; José Cuadrado, Sandra Gómez, Manuel Cajoto e Ramón Iglesias, como integrantes do colectivo organizador.

A ALCALDESA ASINOU CO CONSELLEIRO DE CULTURA O CONVENIO PARA O ROTEIRO LITERARIO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, QUE SERÁ INAUGURADO O VINDEIRO LUNS, DÍA 30

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinou o convenio para o Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego, que será inaugurado o vindeiro luns, día 30. Na xuntanza tamén falaron da necesidade de rehabilitar o mosteiro de San Salvador e de melloras para o colexio Juan Rey.