Novas

ANA VALLINES TRIUNFA EN AS PONTES!!!

O pasado domingo unha atleta das Escolas Deportivas volvía a impoñerse nunha novo popular, neste caso en As Pontes. A Atleta do Maderas Barcia ganaba na categoría infantil feminina na 25 Carreira de San Xosé con un tempo de 4 minutos 28 segundos sobre un percorrido de 1 kilómetro 250 metros.

Este vindeiro domingo o groso da expedición laurentina desprazarase a Lugo para participar na 1ª preparatoria de atletismo provincial

 

LOURENZÁ ACOLLERÁ DIVERSAS ACTIVIDADES PARA RAPACES DE 7 A 17 ANOS ESTE SÁBADO, 21 DE MARZO, E TAMÉN DURANTE A SEMANA SANTA. ESTÁN ORGANIZADAS POLA ASOCIACIÓN CHAO DE CASTRO-ALTAIR E CONTAN COA COLABORACIÓN DO CONCELLO

Lourenzá, 17 de marzo de 2015. Lourenzá acollerá diversas actividades para rapaces de 7 a 17 anos este sábado, día 21, e do 28 de marzo ao 1 de abril. Están organizadas pola asociación Chao de Castro-Altair e contan coa colaboración do Concello, segundo deu a coñecer esta mañá a concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez.

O PASADO DOMINGO DÍA 8 DE MARZO A SECCIÓN DE CICLISMO DESPRAZOUSE A COTOBADE CON 3 CICLISTAS DA SECCIÓN DAS ESCOLAS

Bonita carreira hoxe en Cotobade na primeira transgalaica do 2015, con mais de 400 participantes. O novo recorrido que nos tiñan preparado este ano os Monteferro, era como sempre moi bonito pero moito mais duro que o do ano pasado , con moita lama e cambiando moita pista da parte alta por bonitos sendeiros.

Dos nosos ciclistas o primeiro en chegar a meta foi Javier Legide no posto 48 xeral e 13 Master 40 con un tempo de 3h 12m.