Novas

OS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO TRAMITAN AS INSCRICIÓNS NO PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO PARA 2015. A ACTIVIDADE ESTÁ DIRIXIDA A XUBILADOS MAIORES DE 60 ANOS

O Concello de Lourenzá tramita dende esta semana as inscricións para que os veciños maiores de 60 anos que así o desexen poidan anotarse no programa de Termalismo Social anual subvencionado polo IMSERSO. Os interesados poderán solicitar a súa inscrición neste programa termal poñéndose en contacto coa traballadora social do Concello, en horario de luns a venres de 09:00 a 15:00 horas, nas dependencias municipais do Centro de Servizos Sociais O Torreón.

ISMAIL ITRIH, DE 5 ANOS, É O GAÑADOR DO PRIMEIRO CERTAME DE POSTAIS DE NADAL DE LOURENZÁ ENTRE UN TOTAL DE CASE 80 TRABALLOS PRESENTADOS

Ismail Itrih, alumno de 5 anos de idade do CEIP Juan Rey de Lourenzá, foi elixido o pasado venres, 12 de decembro, gañador do I Certame de Postais de Nadal. Un xurado formado por directivos da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá así como por persoal da área de Cultura do Concello e polo director do colexio Juan Rey foi o encargado de valorar os traballos entregados nesta primeira edición do concurso.