Novas

A CASA DO CONCELLO ACOLLERÁ DO 1 AO 5 DE DECEMBRO UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA OS SECTORES AGRÍCOLA, GANDEIRO E FORESTAL

A Casa do Concello de Lourenzá acollerá do 1 ao 5 de decembro, de luns a venres da vindeira semana, un curso de primeiros auxilios para traballadores ou desempregados dos sectores agrícola, gandeiro e forestal.

Este curso de primeiros auxilios e actuacións ante os accidentes laborais está cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, a través do Programa de Desarrollo Rural Sostenible.

O MURAL PARA DEIXAR AS PEGADAS MALVAS EN REPULSA Á VIOLENCIA DE XÉNERO FOI TRASLADADO AO COLEXIO JUAN REY DEBIDO Á CHUVIA

Lourenzá, 25 de novembro de 2014. O mural para deixar as pegadas malvas en repulsa á violencia de xénero, que o Concello de Lourenzá ía instalar na praza do Conde Santo, foi trasladado ás dependencias do colexio Juan Rey debido á chuvia. Un fragmento dese mural será instalado ás dependencias dos Servizos Sociais municipais, que están no Torreón dos Frades.

O CONCELLO ORGANIZA DOUS CONCURSOS INFANTÍS DE NADAL: UN DE POSTAIS E OUTRO DE POESÍA

Lourenzá, 25 de novembro de 2014. O Concello de Lourenzá presentou hoxe as bases para participar nos dous concursos infantís de Nadal que mantén abertos. Os nenos e rapaces do municipio poderán participar tanto no Concurso de Postais de Nadal, que se celebra por primeira vez no municipio, coma no xa tradicional Certame de Poesía. Nos dous casos, os traballos deberán ser entregados na Biblioteca Pública e sometidos ó veredicto dun xurado formado por técnicos da área de Cultura do Concello.

AINARA E IRIA RGUEZ. IMPÓÑENSE NA EON NIGHT RACE + CRÓNICA ATLETISMO ADULTOS

Os atletas de Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo están dando guerra unha temporada máis, e está claro que a Ainara non hai popular que se lle resista. O pasado sábado en Lugo Ainara Rguez, na categoría de 8 a 12 anos vencía de novo con autoridade e obtiña o 1º posto da carreira. Ademáis, Nicolás Rguez. lograba entrar en 3ª posición e acadaba a medalla de bronce. Na categoría de 4 a 7 anos, Iria Rguez. daba a sorpresa e vencía na espectacular Carreira Eon mentras a súa compañeira Henar Méndez obtiña o subcampionato. 

AS OBRAS DE RECONSTRUCCIÓN REALIZADAS NA ÁREA RECREATIVA DO MUÍÑO DO PEREIRO EVITARON NOVOS DESBORDAMENTOS DO RÍO BAOS ONTE

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, afirmou hoxe que as obras de reconstrución de dúas escolleras e dun muro de contención levadas a cabo na zona da área recreativa do Muíño do Pereiro tras o temporal do pasado 15 de outubro evitaron que as chuvias de onte ocasionasen de novo desbordamentos. Non obstante, a rexedora laurentina solicita a Augas de Galicia a limpeza inmediata do río Baos e anunciou o próximo inicio das obras para a creación da ruta de sendeirismo Val de Lourenzá, que transcorre tamén pola área do Muíño do Pereiro.