Novas

O EQUIPO DE BASKET TEN NOVO PATROCINADOR

O novo patrocinador do equipo para esta temporada 2014/2015 do equipo de basket feminino de Segunda Autonómica será Muebles Huertas, que xa debutou dando sorte ó equipo este fin de semana pasado no Corgo.

UNHA TRINTENA DE SENDERISTAS DISFRUTARON ESTA FIN DE SEMANA DA ESPECTACULAR RUTA ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ POLO COUREL

Unha trintena de senderistas disfrutaron esta fin de semana da espectacular ruta organizada pola Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá polo Courel (Alto do Couto, Devesa da Rogueira, Formigueiros, Alto do Couto). Aos encantos da Serra do Courel sumouselle un impresionante día para camiñar. A ruta foi duns 12 kms aproximadamente. Ao rematar a ruta os sendeiristas repuxeron forzas cunha comida nun restaurante da zona.

MEDIO CENTENAR DE PERSOAS RECIBIRON EXPLICACIÓNS SOBRE AS VANTAXES DA SILVICUTURA E AS AXUDAS PARA REALIZAR ESES TRABALLOS NOS MONTES

Lourenzá, 23 de outubro. Medio centenar de persoas recibiron explicacións sobre as vantaxes da silvicultura e as axudas das administracións para realizar eses traballos nos montes na charla organizada polo Concello de Lourenzá celebrada este pasado martes. Correu a cargo do xefe do Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural en Lugo, Ramón Rozadillas, que foi presentado pola alcaldesa laurentina, Emma Álvarez.