Novas

A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ, PERCORREU A SERRA DE MEIRA, DENDE O PEDREGAL DE IRIMIA ATA O ALTO DA CAROTA

Este domingo, día 22 de Decembro de 2013, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, percorreu a Serra de Meira, dende o Pedregal de Irimia ata o Alto da Carota, un tramo duns 14 km. Depois de pelexarnos coa néboa no primeiro tramo da ruta, poidemos disfrutar dos encantos destes paraxes coas súas espectaculares vistas e no medio dun ambiente outonal impresionante.

O ENXEÑEIRO DE MONTES E PROFESOR JESÚS SÁNCHEZ ROCHA FALOU SOBRE A SITUACIÓN ACTUAL E O FUTURO DO SECTOR FORESTAL NA CHARLA ORGANIZADA POLO CONCELLO

Lourenzá, 23 de decembro de 2013. Na charla organizada polo Concello de Lourenzá para este mes de decembro, que se celebrou o xoves da semana pasada, o laurentino Jesús Sánchez Rocha, que é enxeñeiro de Montes e profesor de Industrias Forestais na Escola Politécnica Superior de Lugo, falou sobre a situación actual e o futuro do sector forestal.

OS ALUMNOS DO TALLER DE MEMORIA PARTICIPARON NUNHA FESTA DE NADAL, NA QUE HOUBO REGALOS, CHOCOLATADA E PANXOLIÑAS

Lourenzá, 19 de decembro de 2013. Os alumnos do taller de memoria do Concello de Lourenzá participaron nunha festa de Nadal, na que houbo regalos, chocolatada e panxoliñas.

No festexo os asistentes repartiron regalos entre eles co sistema do amigo invisible, tomaron chocolatada con roscón, brindaron cunha copa de sidra e cantaron panxoliñas.

Nos actos participaron a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e a concelleira de Educación, Cultura e Turismo, Lupe Flórez Seivane.