Novas

A IGREXA PARROQUIAL DE LOURENZÁ ACOLLERÁ UN CONCERTO DE VIOLÍN E PIANO A CARGO DO DÚO METAMORPHOSES ESTE SÁBADO

Este sábado, 17 de outubro, ás 18:30 horas o dúo Metamorphoses ofrecerá un concerto de violín e piano na igrexa parroquial de Vilanova de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “interpretarán obras de Bach, Brahms e Lizst, entre outros. Este concerto enmárcase no programa Concertos polo Camiño do Norte de O Teu Xacobeo polos Camiños de Santiago, que teñen lugar en localidades do Camiño que son final de etapa”.

O CONCELLO LEVA AO CEIP JUAN REY AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA LER CONTA MOITO OS DÍAS 11, 18 E 24 DESTE MES

O Concello de Lourenzá leva ao CEIP Juan Rey as actividades do programa Ler conta moito os días 11, 18 e 24 deste mes.

O concelleiro delegado de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “este ano, debido á situación do COVID-19, a Biblioteca Municipal de Lourenzá traslada as actividades do programa Ler conta moito, que se desenvolverán durante este mes de setembro, ao colexio da localidade”.