ACIAL E O CONCELLO CONVOCAN O CONCURSO ARTE CON FABAS PARA PROMOVER A CREATIVIDADE DURANTE O CONFINAMENTO
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá, en colaboración co Concello, convoca o concurso Arte con fabas, certame que ten o obxectivo de “promover a creatividade durante o confinamento provocado pola crise do coronavirus e para que entre tod@s fagamos posible que estes días pasen o máis ameno e rápido posible”.