Novas

EN LOURENZÁ INAUGUROUSE HOXE, MÉRCORES, UNHA TENDA ESPECIALIZADA EN ROUPA E MATERIAL DEPORTIVO. A ALCALDESA ASISTIU AO ACTO E DESTACOU A IMPORTANCIA DE QUE SE ABRAN NEGOCIOS NO MUNICIPIO.

Lourenzá, 5 de agosto de 2020. Na tarde de hoxe, mércores, inaugurouse en Lourenzá unha tenda especializada en roupa e material deportivo chamada Deportes Camiño Norte. A alcaldesa, Rocío López, e a concelleira Mercedes Dengra asistiron ao acto e a rexedora municipal destacou a importancia de que se abran negocios no municipio: “é unha aposta polo rural e é moi destacable que haxa emprendedores que se animen a abrir negocios, a pesar da situación que estamos vivido co Covid19”, manifestou Rocío López.

PRESENTADO O CARTEL PARA A XXX FESTA DA FABA DE LOURENZÁ, QUE SE CELEBRARÁ EN OUTUBRO DE 2021

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, presentaron o cartel anunciador da XXX edición da Festa da Faba, que se celebrará do 1 ao 3 de outubro de 2021.

O cartel é obra de Javier Antonio Marinas Garcia, veciño de Corvera (Asturias) que foi o gañador do concurso convocado polo Concello de Lourenzá para a edición deste ano 2020. Pero debido a que se suspendeu por mor da pandemia do Covid19, o Concello decidiu que este cartel quedase escollido xa para a edición do ano 2021.