Novas

O CONCELLO CONVOCA UN CONCURSO DE POSTAIS E A PREMIADA EMPREGARASE COMO FELICITACIÓN MUNICIPAL

O Concello de Lourenzá convoca un concurso de postais entre os escolares de Infantil e Primaria do municipio. A premiada será empregada polo Concello como felicitación de Nadal.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “os traballos deberán presentarse en cartolina A4 e a técnica é libre. Establécese un único premio de 100 euros e trofeo”.

O prazo de entrega, na biblioteca municipal, está aberto ata o día 16 deste mes.

ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO ARTE CON FABAS, ORGANIZADO POLA ACIAL COA COLABORACIÓN DO CONCELLO.

Lourenzá, 16 de outubro de 2020. O Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá acolleu a entrega de premios da primeira edición do concurso Arte con Fabas, que foi organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) coa colaboración do Concello. O certame consistiu na realización dun collage elaborado principalmente con fabas. Establecéronse 3 categorías: ata os 10 anos (A), de 11 a 16 anos (B) e adultos (C).