Novas

A PRAZA DO CONDE SANTO ACOLLE ESTE VENRES UN CONCERTO DE MÚSICA DE CÁMARA DENTRO DO FESTIVAL ITINERANTE PEREGRINOS MUSICALES

A Praza do Conde Santo, en Vilanova de Lourenzá, acollerá este venres, día 23, ás 21:00 horas un concerto de música de cámara incluído no festival itinerante Peregrinos Musicales, que organiza a asociación do mesmo nome con sede en Santiago de Compostela coa colaboración do Concello de Lourenzá.

A actuación correrá a cargo do grupo de música de cámara Esemble Rubens Consort, que interpretará obras de Haydn, Bach, Ravel e Fauré.

A entrada é libre e gratuíta.

LOURENZÁ ACOLLE O 17 DE XULLO UNHA XORNADA SOBRE FERNÁNDEZ DEL RIEGO, NA QUE INTERVIRÁN GRANDES COÑECEDORES DO ESCRITOR LAURENTINO

O claustro do mosteiro de San Salvador acollerá o día 17 deste mes, sábado, a partir das 11 da mañá unha xornada sobre Francisco Fernández del Riego. No evento intervirán grandes coñecedores do escritor laurentino: Manuel Román Ramos, Francisco Domínguez Martínez, Xosé López González, Malores Villanueva Gesteira e Antón Vidal Andión. Para asistir as xornadas hai que inscribirse previamente a través do teléfono 649.28.17.91 ou do correo electrónico patrimonio.laurentino@gmail.com.

O CONCELLO MELLOROU ESTRADAS DAS PARROQUIAS DE SANTO TOMÉ E SAN ADRIANO

O Concello de Lourenzá vén de realizar obras de mellora en varias estradas das parroquias de Santo Tomé e San Adriano. Os traballos consistiron na mellora do firme, que era de rego asfáltico e substituíuse por outro de aglomerado en quente. Ademais das melloras no pavimento a obra tamén inclúe o pintado das marcas viarias continuas e descontinuas desas vías.

O CONCELLO INVESTIRÁ 592.000 EUROS PARA CREAR UN LOCAL MULTIUSOS NA NAVE DO RECINTO FEIRAL E MELLORAR CAMIÑOS MUNICIPAIS E O ENTORNO DO CAMPO DE FÚTBOL

O Concello de Lourenzá investirá 592.000 euros para crear un local multiusos na nave do recinto feiral e mellorar camiños municipais e o entorno do campo de fútbol. Para a realización destes proxectos no pleno da corporación local aprobouse, cos votos a favor do equipo de goberno, un expediente de modificación de crédito con cargo ao remanente de tesourería.