Novas

O MAGO ANTÓN ACTUARÁ NA PRAZA CÉSAR CHAVARRÍA ESTE DOMINGO, DÍA 5

O Mago Antón actuará en Lourenzá este domingo, día 5. Será no seu vehículo con escenario, que se instalará na praza César Chavarría para presentar A volta a Galicia en 313 concellos.

As entradas son gratuítas e haberá funcións ás 12:00, 13:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 horas.

O CONCELLO CONSTRUÍU UN DEPÓSITO DE AUGA PARA INCENDIOS NA PARROQUIA DE SANTO TOMÉ

O Concello de Lourenzá construíu un depósito de auga na parroquia de Santo Tomé, concretamente no lugar de Cadros, para utilizar en caso de incendio.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou que “esta obra, que consistiu na construción dun depósito de formigón armado de 75 metros cúbicos, foi financiada a través dun convenio interadministrativo coa Deputación de Lugo por importe de 23.595 euros”.

LOURENZÁ DEDICA UNHA XORNADA Á PINTORA JULIA MINGUILLÓN E EXPÓN NAS RÚAS REPRODUCIÓNS DE OBRAS SÚAS. ESTAS ACTIVIDADES ESTÁN ORGANIZADAS POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN PATRIMONIO LAURENTINO

O Concello de Lourenzá e a asociación Patrimonio Laurentino organizan unha xornada dedicada á pintora Julia Minguillón, artista que estivo moi vinculada ao municipio. Será o día 28 deste mes, sábado, ás 18:00 horas no mosteiro de San Salvador, onde haberá unha charla na que intervirán a directora do Museo Provincial de Lugo, a museóloga Aurelia Balseiro García, e María Fidalgo Casares, que é doutora en Historia do Arte e membro da Academia Andaluza de Historia.

A BANDA DE LOURENZÁ ACTÚA ESTE DOMINGO 15 EN SANTO TOMÉ DENTRO DO CICLO MÚSICA NAS PARROQUIAS

Lourenzá, 13 de agosto de 2021. A Banda de Música de Lourenzá actúa este domingo, día 15 de agosto, en Santo Tomé, concretamente na área recreativa O Pereiro, ás 20:30 horas. Este concerto está incluído no ciclo Música nas parroquias.
Neste evento, que se desenvolverá ao aire libre, haberá medidas anti covid, será obrigatorio o uso da máscara e manter unha distancia de seguridade de 2 metros entre os asistentes.