O CONCELLO ORGANIZA DO 1 AO 3 DE OUTUBRO UNHAS XORNADAS PARA LEMBRAR A FESTA DA FABA DE LOURENZÁ QUE SE CELEBRABA ANTES DA PANDEMIA
O Concello laurentino organiza do 1 ao 3 de outubro unhas xornadas para lembrar a Festa da Faba de Lourenzá que se celebraba antes da pandemia. As actividades foron presentadas hoxe, venres, pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.