Novas

PARA CONMEMORAR O DÍA CONTRA O CANCRO DE MAMA O CONCELLO ORGANIZA UNHA CHARLA E TERÁ UN PHOTOCALL O VINDEIRO MARTES, DÍA 19

O Concello de Lourenzá organiza unha charla e instalará un photocall para conmemorar o Día Contra o Cancro de Mama o vindeiro martes, 19 de outubro.

A charla, sobre a vulnerabilidade en pacientes con cancro de mama, será ás 17:00 horas no centro de servizos sociais O Torreón dos Frades e correrá a cargo de representantes da Asociación Española contra el Cáncer.

O CONCELLO ORGANIZA ACTIVIDADES DE XIMNASIA DE MANTEMENTO EN SAN ADRIANO, SANTO TOMÉ E NO PAVILLÓN DE VILANOVA A PARTIR DO DÍA 13 DESTE MES

O Concello de Lourenzá organiza actividades de ximnasia de mantemento dentro do programa de dinamización nas parroquias. Esta iniciativa da Concellería de Deportes comezará o 13 de outubro e desenvolverase ata decembro.

A concelleira de Deportes, Sonia Gavino, anuncia que “o 13 de outubro comezarán as actividades, que se van a impartir durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Serán totalmente gratuítas, farase en grupos reducidos (máximo 10 persoas) e con mascarilla obrigatoria”.