Novas

LOURENZÁ ACOLLE AS XORNADAS NOVEMBRO CULTURAL, QUE CONSISTEN NA PRESENTACIÓN DE 4 LIBROS. A PRIMEIRA DELAS SERÁ ESTE SÁBADO, DÍA 6, NO PAZO DE TOVAR

A asociación Patrimonio Laurentino, en colaboración co Concello de Lourenzá, organiza as xornadas Novembro Cultural, que consisten na presentación de 4 libros durante este mes. A primeira delas será este sábado, día 6, ás 19:00 horas no Pazo de Tovar, onde a maxistrada da Sala do Social do TSXG Isabel Olmos Pares presentará a súa obra No duerme nadie.

A SALA DE EXPOSICIÓNS DO CONCELLO ACOLLE UNHA MOSTRA DE PINTURAS E GRAVADOS DE LUÍS SEOANE ATA O 19 DE NOVEMBRO

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acolle unha mostra de pinturas e gravados de Luís Seoane desde este pasado domingo, cando foi inaugurada, ata o 19 de novembro.

A exposición, á que se accede pola biblioteca municipal, está aberta ao público de luns a venres de 17 a 20 horas. Para visitala fóra deste horario hai que chamar previamente ao Concello e contactar con María José no teléfono 982.12.10.06.

A SALA DE EXPOSICIÓNS DO CONCELLO ACOLLERÁ UNHA MOSTRA DE PINTURAS E GRAVADOS DE LUÍS SEOANE DESDE ESTE DOMINGO ATA O 19 DE NOVEMBRO

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acollerá unha mostra de pinturas e gravados de Luís Seoane desde este domingo, 24 de outubro, ata o 19 de novembro.

Anunciouno o concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango Ron, quen explica que esta exposición, titulada Luís Seoane, natural  “recolle pinturas e gravados que pertencen a coleccionistas particulares e o acceso para visitala será desde a biblioteca municipal”.