Novas

UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ NO MERCADO COMARCAL GANDEIRO DO 25 AO 28 DESTE MES

Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará no mercado comarcal gandeiro de Lourenzá do 25 ao 28 deste mes. Anúnciao a alcaldesa, Rocío López García, a través dun bando.

O horario de atención será de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas agás o día 28 que será só pola mañá. A cita previa pode solicitarse por teléfono no 902.30.90.00 ou través da páxina web www.sycitv.com.

A “ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL MARIÑA PATRIMONIO” ORGANIZOU O PASADO SÁBADO UN ROTEIRO POLO PATRIMONIO CIVIL E RELIXIOSO DE LOURENZÁ EN COLABORACIÓN CO CONCELLO E OS RESPONSABLES PARROQUIAIS

A “Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio” organizou o pasado sábado un roteiro polo patrimonio civil e relixioso de Lourenzá en colaboración co Concello e os responsables parroquiais.

Esta actividade consistiu na visita cultural ás igrexas parroquiais de San Xurxo, Santo Tomé e Santo Adrao, ao Pazo de Tovar e ó Mosteiro de San Salvador, rematando a xornada nun pequeño paseo por algún dos recunchos con máis encanto da vila.