Novas

O CONCELLO ORGANIZA UNHA ACTUACIÓN DE CONTACONTOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO ESTE VENRES, DÍA 27

O Concello de Lourenzá organiza unha actuación de contacontos para celebrar o Día do Libro este venres, día 27.

O concelleiro Manuel Arango Ron anunciou que “este venres, 27 de abril, co gallo de celebrar o Día do Libro a Concellería de Cultura organiza a actuación dunha contacontos, Celtia Figueira Ramas, co espectáculo Contacontos na primavera. Será no salón de actos do Concello ás 18:30 horas e está dirixido a nen@s de 3 a 12 anos”.

HOXE CELEBROUSE DIANTE DA CASA DO CONCELLO UNHA CONCENTRACIÓN A PROL DA IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES. TAMÉN SE INAUGUROU UNHA EXPOSICIÓN E HOUBO UNHA CHARLA. ESTE DOMINGO TERÁ LUGAR UNHA COMIDA NO RECINTO FEIRAL

Hoxe, xoves, celebrouse diante da Casa do Concello de Lourenzá unha concentración a prol da igualdade entre homes e mulleres. Tamén se inaugurou unha exposición e houbo unha charla. Este domingo, día 11, ás dúas da tarde terá lugar no recinto feiral unha comida. Todos estes actos desenvólvense para conmemorar o Día da Muller en Lourenzá.

O CONCELLO DE LOURENZÁ DÁ A COÑECER A CONVOCATORIA DOS PREMIOS SON MULLER 2018, DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DA PROVINCIA DE LUGO

O Concello de Lourenzá dá a coñecer a convocatoria da primeira edición dos premios Son Muller 2018, iniciativa que organiza a Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo.

Os premios Son Muller 2018 teñen tres categorías (Son Emprendedora, Son Empresaria e Son Empresaria Rural) e reparten un total de 3.000 euros, sendo os primeiros premios que se convocan en Lugo que renden homenaxe ás mulleres emprendedoras, empresarias e empresarias rurais.