NO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRADO ONTE TOMOU POSESIÓN A CONCELLEIRA SOCIALISTA ANA BELÉN MARTÍNEZ.
Lourenzá, 20 de xullo de 2018. A corporación municipal de Lourenzá celebrou un pleno onte, xoves, sesión na que tomou posesión a concelleira socialista Ana Belén Martínez Fernández.
Sobre a nova edil, a alcaldesa, Rocío López García, destacou “o seu compromiso e traballo a prol dos veciños e veciñas deste municipio”.