Novas

AS SEGUNDAS XORNADAS DE HISTORIA LOCAL CONCELLO DE LOURENZÁ CELEBRARANSE OS DÍAS 2 E 3 DE MARZO

As segundas Xornadas de Historia Local Concello de Lourenzá celebraranse os días 2 e 3 de marzo, venres e sábado, no salón de actos municipal. O cartel do evento foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.

As xornadas darán comezo o venres 2 ás 19:30 horas coa inauguración a cargo do concelleiro de Cultura e a continuación terá lugar a conferencia titulada Lourenzá, orixe e evolución histórica, a cargo de Vidal Martínez-Sierra López.

DOMINGO DE PIÑATA EN LOURENZÁ

O entroido está a piques de comenzar, e en Lourenzá fixeron a presentación do cartel que anuncia o seu Domingo de piñata, o cal será o vindeiro 18 de Febreiro. Este desfile está organizado pola Asociación de Comerciantes industriais e Autónomos de Lourenzá (Acial) e o Concello de Lourenzá. Para a presentación do cartel estivo presente o Presidente da Asociación de Comerciantes, Javier Huertas Otero e a Tesoureira da Asociación Mª Fe de la Barrera, e por parte do Concello a alcaldesa de Lourenzá, Rocio López.

OS PREMIADOS NO CERTAME DE POESÍA DE NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE LOURENZÁ RECIBIRON OS SEUS AGASALLOS

Os premiados no certame de poesía de Nadal da biblioteca municipal de Lourenzá recibiron os seus agasallos, que consistiron en diplomas e material didáctico e foron entregados pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.

Os premiados son:

Na categoría B: Samir Tazaghart, de 9 anos; Marcos Rodríguez Lindín, de 9 anos; e Noemí Huertas Fornos, de 10 anos.

Na categoría C: Claudia Carril Cabaleiro, 12 anos.