Novas

ENTREGADOS OS PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL.

Lourenzá, 22 de xaneiro de 2017. Foron entregados os premios do certame de poesía de Nadal da biblioteca pública municipal de Lourenzá.

No acto os premiados estiveron acompañados pola a alcaldesa, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; a técnica municipal de Cultura, María José López Noceda; Amanda Gasalla e Dolores Villasuso, que foron membros do xurado.

O PAZO DE TOVAR ACOLLERÁ OS DÍAS 27 E 28 DESTE MES AS PRIMEIRAS XORNADAS DE HISTORIA LOCAL DE LOURENZÁ ORGANIZADAS POLO CONCELLO.

Lourenzá, 21 de xaneiro de 2017. O Pazo de Tovar acollerá os días 27 e 28 deste mes, venres e sábado, as primeiras Xornadas de Historia Local de Lourenzá, que están organizadas polo Concello. Foron presentadas na propia fortaleza pola alcaldesa, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; a técnico municipal de Cultura, María José López; o dono do Pazo de Tovar, José Ventoso; e o veciño de Lourenzá Miguel Gavín.

A BIBLIOTECA MUNICIPAL FAI PÚBLICO O FALLO DO CONCURSO DE POESÍA DE NADAL

A biblioteca municipal de Lourenzá fixo público hoxe o fallo do xurado do concurso de poesía de Nadal.

Os premiados son os seguintes:

Categoría A:

Aldara Loureiro Seco

Anxo Maseda Oliva

Lidia Díaz Ventoso

Categoría B:

Claudia Carril Cabaleiro

Mario Moirón Martínez

Mateo Fraga Gómez

As poesías seleccionadas participarán na fase provincial do certame. A Concellería de Cultura felicita aos nenos e nenas laurentinos que participaron no concurso, destacando a calidade dos traballos presentados.

 

O CONCELLO ESTÁ REMATANDO AS OBRAS DE MELLORA EN VIARIOS MUNICIPAIS DAS PARROQUIAS DE SAN ADRIANO, SANTO TOMÉ E SANTA MARÍA

O Concello de Lourenzá está rematando as obras de mellora en varios viarios municipais das parroquias de San Adriano, Santo Tomé e Santa María.

A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o investimento total que se destinou para o mantemento destes viarios municipais é de 57.063 euros, dos cales 45.650 corresponden a unha achega da Deputación de Lugo con cargo ó Plan Provincial de Obras e Servizos mentres que o Concello aportou 11.413 euros de fondos propios”.