Novas

O CONCELLO INSTALOU UN BELÉN NO ANTIGO QUIOSCO DA MÚSICA, SITUADO NA PRAZA DO CONDE SANTO

O Concello de Lourenzá instalou un belén no antigo quiosco da música, situado na Praza do Conde Santo.

A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o Concello de Lourenzá preparou para estas datas de Nadal un belén de figuriñas, que está instalado no antigo quiosco da música, sito na Praza do Conde Santo. Está composto por pezas de madeira que representan as escenas do nacemento de Xesús e que se iluminan de noite xunto co alumeado de Nadal que loce nas rúas da localidade”.

UN DEBUXO DE ADRIANA POLO GONZÁLEZ, DE 11 ANOS, FOI SELECCIONADO PARA O CARTEL DA CABALGATA DE REIS. AO CONCURSO CONVOCADO POLO CONCELLO PRESENTÁRONSE MÁIS DE 70 TRABALLOS

Un debuxo de Adriana Polo González, de 11 anos de idade, foi seleccionado para o cartel da cabalgata dos Reis Magos de Lourenzá 2017. Ao concurso, que foi convocado polo Concello, presentáronse máis de 70 traballos.

O edil delegado de Cultura, Manuel Arango, anunciou que “o debuxo que foi seleccionado, entre máis de 70, para ser o cartel anunciador da cabalgata de Reis de Lourenzá é obra de Adriana Polo González, de 11 anos e alumna do CEIP Juan Rey”.