Novas

Novas do Concello

ANDAINA ATA A ROMARÍA DE SANTA CRUZ

Este pasado domingo día 11 a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá participou na Romería da Santa Cruz. Pola mañá cedo botámonos a andar dende o Santuario de Santo Estebo do Ermo, en Barreiros ata a Capela da Santa Cruz, en A Tilleira, Lourenzá, un percorrido duns 15 km e de dificultade media-baixa. Unha vez ali, bailamos na sesión Vermouth e disfrutamos dunha comida campestre no campo da festa, onde comimos empanada en rollo, churrasco, pulpo e como non, rosca de Santa Cruz. Tamén houbo café de pota e queimada.

O GOBERNO MUNICIPAL PROPÓN AO PLENO DA CORPORACIÓN SOLICITAR Á REAL ACADEMIA GALEGA QUE DEDIQUE AO LAURENTINO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO ANO 2020, CANDO SE CUMPRIRÁ O DÉCIMO ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO

O goberno municipal de Lourenzá propón ao pleno da corporación municipal que o Concello solicite á Real Academia Galega que dedique ao laurentino Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas no ano 2020, cando se cumprirá o décimo aniversario do seu pasamento.

IMPRESIONANTE A SECCIÓN DE CICLISMO NOS 101 PEREGRINOS DO BIERZO

Todos os integrantes do ED.Lourenza.ciclismo remataron a proba menos Jesus Garcia Muruais porproblemas físicos polo kilómetro 55 , e Jorge Doural Gomez que non puido participar por lesión; con unha gran actuación de Javier Legide rematando entre os 10 primeiros da xeral.

Na modalidad de duatlon Jose Luis Falcon Irigoyen acadou un meritorio 14º puesto con un tempo de 6 h 57 .

AS RÚAS AVENIDA DE MONDOÑEDO, AVENIDA DO VAL E TRAVESÍA DA MARIÑA ESTARÁN CORTADAS AO TRÁFICO O VINDEIRO LUNS, 5 DE MAIO, DE 8 A 15 HORAS POLAS OBRAS DE ARRANXO DUN PASO DE PEÓNS

As rúas avenida de Mondoñedo, Avenida do Val e Travesía da Mariña, de Vilanova de Lourenzá, estarán cortadas ao tráfico o vindeiro luns, 5 de maio, de 8 a 15 horas con motivo das obras de arranxo dun paso de peóns na Travesía da Mariña.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, deuno a coñecer a través dun bando, no que tamén anuncia que ese día a parada de autobuses estará situada no cruce das rúas Travesía da Mariña e Calvo Sotelo, xunto ao Bar Cabaleiros.

Distribuir contido