Últimas Novas

Distribuir contenido
Novas do Concello

URL: https://www.concellodelourenza.gal/taxonomy/term/2/0

Actualizado: hace 28 mins 43 segs

O GRUPO OLLOMAO, DE BARREIROS, FOI O TRIUNFADOR DOS PREMIOS DO VI CERTAME DE TEATRO DE LOURENZÁ

Nunha divertida gala conducida polo actor Evaristo González na noite de onte, sábado, foron entregados os premios do VI Certame de teatro de Lourenzá. O grupo Ollomao, de Barreiros, coa obra O traballo de Andrea, foi o gran triunfador da noite, acadando catro dos sete premios que se reparten no certame. Obtiveron o premio Conde Santo á mellor representación, dotado con 750 euros e trofeo; o premio Lourenzo ao mellor actor, para Benito de Condadés; o premio Ana á mellor actriz, para Miriam Bouso; e o premio especial do público.

ler máis

O XURADO DO VI CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ DEU A COÑECER OS NOMINADOS AOS PREMIOS

O xurado da sexta edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer os nominados nas distintas categorías de premios.

Para o premio Conde Santo á mellor representación (750 euros e trofeo) os elixidos son: Heroínas cotiás, de Muiñeiras do Vento (Ferrol); O traballo de Andrea, de Ollomao (Barreiros); e As máscaras de Ibáñez. O marqués de Sargadelos que nunca foi, de Avelaíña (Pontevedra)

ler máis

A PROGRAMACIÓN DA XXXII FESTA DA FABA DE LOURENZÁ INCLÚE DO 4 AO 6 DE OUTUBRO ACTIVIDADES COMO DEGUSTACIÓNS E VENDA DE FABAS, ARTESANÍA, SHOWCOOKINGS, CATA DE VIÑO, CONCENTRACIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS E ACTUACIÓNS MUSICAIS.

Lourenzá, 23 de setembro de 2024. A programación da XXXII Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, inclúe actividades como degustacións e venda de fabas o sábado e o domingo, exposicións e demostracións de artesáns, showcookings, cata de viño, concentración de vehículos clásicos e varias actuacións musicais.

ler máis