O GRUPO OLLOMAO, DE BARREIROS, FOI O TRIUNFADOR DOS PREMIOS DO VI CERTAME DE TEATRO DE LOURENZÁ
Nunha divertida gala conducida polo actor Evaristo González na noite de onte, sábado, foron entregados os premios do VI Certame de teatro de Lourenzá. O grupo Ollomao, de Barreiros, coa obra O traballo de Andrea, foi o gran triunfador da noite, acadando catro dos sete premios que se reparten no certame. Obtiveron o premio Conde Santo á mellor representación, dotado con 750 euros e trofeo; o premio Lourenzo ao mellor actor, para Benito de Condadés; o premio Ana á mellor actriz, para Miriam Bouso; e o premio especial do público.