Ubicación: Campo da Feira , 17- Lourenzá. Tel. 982 106 466
Tratase dunha infraestructura de nova construcción con financiación propia e da Xunta de Galicia. Dotase de mobiliario no ano 2010 e entra en funcionamento o 24 de novembro do 2011.
Este centro está ubicado no nucleo urbán e conta cunha sola planta para cubrir as necesidades dos dependentes.
Ten unha capacidade de ata 35 prazas ( por ter tres baños adaptados ), aínda que na actualidade ten concedidas 15 ata o ano 2014 e unha prorroga de 10 máis ata un total de 25.
Conta con distintos servizos entre eles: asistencia as unidades de atención, almorzo, comida , merenda e tamén servizo de transporte.
Consta cun equipo de profesionais interdisciplinar de traballadora social, psicóloga, terapeuta ocupacional , auxiliares de xeriatria e coordinadora.
Para poder acceder a este servizo deben poñerse en contacto cos servizos sociais do Concello para a tramitación da praza ou co propio centro.