Parroquias

Rueiro Lourenzá

Parroquia de Santa María

      Ocupa a zona norte do Concello, cunha poboación de 1307 habitantes, e nela asentase a capitalidade, Vilanova. É un centro comercial e de servizos, onde o visitante pode perderse polas súas estreitas rúas que lembran as súas personaxes emblématicas : Francisco Fernández Del Riego, Julia Minguillón e o bispo Villaroel.
      Vila milenaria ligada na súa orixe ao Mosteiro de San Salvador. A 4 quilómetros da capitalidade pódese disfrutar dun espacio natural de gran beleza, A Cazolga, onde se atopa unha antiga ponte de cadeirado do século XVII sobre o río Masma e ligada na súa construción aos monxes do mosteiro. Conta cunha área recreativa de gran beleza no seu contorno.

 

 

 

 

 

 


Parroquia de San Xurxo

 

Parroquia de San Xurxo

      Primeira das parroquias do Val que nos atopamos na estrada que une Vilanova coa Cruz da Cancela. Conta con 321 habitantes. Está situada a 2 quilómetros da capitalidade do municipio.
       Destaca nesta a Igrexa Parroquial dedicada a San Xurxo, levantada sobre un antigo castro e que foi, no seu tempo, igrexa de Templarios e de refuxio.

 

 

 


Parroquía de San Tomé

 

Parroquia de San Tomé

       Está situada no centro do Val de Lourenzá, a 5 quilómetros da capital do municipio e conta con 479 habitantes.
      Posúe unha Igrexa Parroquial dedicada a San Tomé, que data do século XVI e conta no séu interior con pezas tan importantes como un retablo barroco do sec. XVIII, de influencia colonial, e o Monumento de Semana Santa, do mesmo século.
      Destaca tamén o Pazo de Tovar, monumento civil que se levanta sobre o que antano foi o Real Couto de Canedo. De estilo isabelino, data do século XV.

 


Parroquía de Santo Adrao

Parroquia de Santo Adrao

      Atópase a 7 quilómetros da capitalidade do concello e conta con 526 habitantes.
       Nela destaca a súa Igrexa Parroquial, que data do século XVI, aínda que sufriu restauracións posteriores. Posúe un fermoso retablo barroco da Inmaculada do século XVIII e conta cunha das cruces procesionais máis fermosas do bispado, que data do século XVI.
      No lugar de A Veliña pódese disfrutar dun dos miradoiros máis fermosos do concello.