1. ANTECEDENTES DA FESTA
O entroido é unha época de transgresión, burla e parodia. Ten a súa orixe en tempos ancestrais e son as manifestacións máis representativas do mesmo as máscaras da cultura rural.
No concello de Lourenzá estas festas tiveron ó longo da historia unha profunda raigame. Por datos recollidos a través da memoria histórica dos nosos maiores podemos facer un percorrido histórico por este proceso, diferenciando entre o entroido celebrado nas zonas rurais e o celebrado na capitalidade municipal.
Nas parroquias rurais de San Xurxo, Santo Tomé e Santo Adrao, a xente acostumaba a disfrazarse en grupos e ir polas casas dos veciños. En concreto na parroquia de Santo Adrao os grupos percorrían os lugares portando unha pota onde recollían os doces típicos desas datas que lles daban polas casas.
Os disfraces eran bastante rudimentarios, feitos con materiais atopados polas casas (sacos, roupa vella, etc.). Aunque outros chegaban a ser máis elaborados. Buscábase facer rir ao espectador e que a máscara non fose recoñecida.
Tamén hai constancia de que na parroquia de Santo Adrao tiñan lugar bailes de entroido en locais pechados, que comezaban unha semana antes ata o domingo de piñata.
Na capitalidade do concello, Vilanova, o entroido destacaba polos seus afamados bailes nos distintos locais habilitados ao efecto. Gozaban de gran fama dende comezos do século XX os que se celebraban o martes de entroido mailo domingo de piñata nos bailes de "Lozano", o da "Sociedade", o de "Lagarón", etc.
A estes bailes acudía xente da contorna, incluso doutros concellos e parroquias, atraídos pola calidade dos disfraces, e dos músicos que amenizaban estos eventos (entre os que cabe destacar a afamada Banda do Val).
O apoxeo desta festa durou ata os anos 30. Sen embargo, a pesares Guerra e da represión da étapa franquista, o entroido en Lourenzá continuouse a celebrar, manténdose fortemente viva no gusto dos laurentinos esta tradición.
Nos anos 70 todavía se seguían a celebrar os bailes de entroido no xa modernizado baile "El Recreo", acudindo xente de toda a contorna e incluso Asturias, atraídos pola gran calidade e vistosidade dos disfraces, así coma polos cuantiosos premios, que facían de Lourenzá un referente no entroido da Mariña, xa que non había polos arredores outros coma estes.
2. O DOMINGO DE PIÑATA NA ACTUALIDADE
A comezos dos anos 90 o entroido en Lourenzá esmorecía; sen embargo as asociacións Osorio Gutiérrez e Merlín comezan a retomar a tradición organizando un baile de disfraces, que posteriormente derivaría nas orixes do actual desfile polas rúas de Vilanova.
No ano 1995 a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) farase cargo dende entón da organización do evento en colaboración con Concello de Lourenzá.
Ano tras ano demóstrase o arraigamento desta celebración e o empeño dos veciños, realizándose grandes esforzos para incrementar a calidade do acto, premios e outras activades que enriquecen o evento, e que fai que o número de visitantes e participantes aumente edición tras edición.
Tamén é indubidable o valor cultural, dado que para o Concello de Lourenzá o domingo de piñata é a mostra viva daquela antiga tradición secular, ademáis de ser unha aposta de futuro para dinamizar o pobo e dar a coñecer en toda Galicia e rexións veciñas o potencial turístico de Lourenzá, que ven conformado polo patrimonio artístico exemplificado no Mosteiro de San Salvador e no Pazo de Tovar, pola riqueza da nosa gastronomía que ten como pilar fundamental a Faba, e co mantemento das nosas antergas e ricas manifestacións culturais.