Técnico de Emprego

Emprego

Os servicios que ofrece o técnico de emprego son os seguintes:

  • Mantemento dun servicio público municipal coa tarefa de fomentar o emprego e a dinamización económica.
  • Asesoramento e axuda a todos os empresarios da zona. Información continua sobre as novas que se produzan en cada sector e que poidan ser de interese para o empresario.
  • Creación e xestión dunha bolsa de emprego, onde os demandantes de emprego poderán inscribirse. A partir desto poranse en contacto os ofertantes e os demandantes de emprego.
  • Información, orientación e asesoramento en materia de formación ocupacional aos desempregados.
  • Apoio técnico no relativo a novas ideas de negocio, forma xurídica máis axeitada, tramitación, viabilidade do negocio, etc.

Modelo de instancia para entrar na bolsa de técnicos do Concello (DOC)