Festas

Escudo

Parroquia de Santa María

  • Conde Santo: celébrase o último Sábado de Agosto. Son as festas patronais do Concello. Celébranse na honra do conde Osorio Gutiérrez, máis coñecido como o Conde Santo, fundador do Mosteiro de San Salvador. Destacan, especialmente, dúas tradicións:
    • Unha delas é o pasarrúas que tódolos dias efectúan os Cocos ou xigantes.
    • A outra consiste na visita ao sepulcro do Conde Santo o Domingo despois da santa misa. Conta a lenda que,    introducindo un dedo polo burato que se atopa na parte baixa do sepulcro, o que consiga tocar os ósos do Conde Santo    verá cumprido un desexo.
  • Festa da Faba: Festa gastronómica que se celebra a primeira fin de semana de Outubro. Declarada de Interese Turístico Galego no 2001. Se desexa máis información pode visitar a páxina do Centro de Interpretación da Faba
  • San Pedro Fiz (A Cazolga) : No mes de Agosto. Merendas e acampada libre na ribeira do Río Masma.
  • Entroido
  • Domingo de Piñata
  • Festa do Maio: 1 de Maio. Celébrase a chegada da primaveira.
  • Nosa Señora do Pilar (A Cazolga): 12 de Outubro.
  • Sta. Cruz

Parroquia de San Xurxo

Montaxe festas

  • San Xurxo: 23 de abril.
  • Santa Isabel: No mes de Xullo.

 

Parroquia de San Tomé

  • San Xosé (Oural): Primeira quincena de Maio.
  • Nosa Señora da O: Segunda quincena de Maio.
  • San Antonio: Terceiro domingo de setembro.

 

Parroquia de Santo Adrao

  • Romaría das Cruces: No mes de Maio.
  • Santo Adrao: 16 de Xuño.
  • Santa Filomena: Primeiro fin de semana de Setembro.

 

Feiras e Mercados

Celébranse o 9 e o 28 de cada mes no recinto feiral en horario de mañá, e dende setembro a decembro, tamén os domingos pola maña, coincidindo co mercado ao por maior de fabas. Neste mercado comercializanse moitos produtos certificados por unha Indicación Xeográfica Protexida, entre eles a I.X.P Faba de Lourenzá, I.X.P Grelos de Galicia, I.X.P Mel de Galicia, IX.P Castaña de Galicia, IX.P Vacún de Galicia.

HORARIO DE 9:00 A 14:00 HORAS

PRODUTOS: PRODUTOS LOCAIS E DE TEMPADA, PRODUTOS HORTICOLAS, VERDURAS E HORTALIZAS FRESCAS, EMBUTIDOS, MEL, PAN, EMPANADAS, QUEIXOS, FROITA, LEGUMES.
PRODUTOS AMPARADOS POR SELOS DE CALIDADE DIFERENCIADA COMO PODEN SER A FABA DE LOURENZÁ AMPARADA POLA INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA FABA DE LOURENZÁ, IXP MEL DE GALICIA, GRELOS AMPARADOS POLA IXP GRELOS DE GALICIA, PATACAS DA IXP PATACAS DE GALICIA, IXP LACÓN GALEGO,  ETC.
POLBO A FEIRA.
PRODUTOS ARTESANAIS E OUTRO TIPO DE PRODUTOS COMO CALZADOS, ROUPA, MERCERIA, FERRAMENTAS E PRODUTOS ARTESANAIS DERIVADOS DO FERRO, MAQUINARIA, ETC.
Lourenzá mantén a súa histórica tradición comercial cos mercados abrindo as portas do seu recinto feiral, sito na rúa Ponte de Cuñas, s/n en horario de mañá tódolos días 9 e 28 de cada mes, así como os mercados dominicais de faba ao por maior que se celebran as mañás dos domingos de outubro a decembro. Porén, o 9 e 28 de cada mes, Lourenzá énchese de vida e actividade coa naturalidade que dan os moitos anos de celebración destas feiras, converténdose nun alicerce da economía local, produtos locais e de tempada, produtos hortícolas, verduras e hortalizas frescas, embutidos, mel, pan, empanadas, queixos, froita, legumes, moitos destes produtos amparados por distintivos de calidade diferenciada, como poden ser a Faba de Lourenzá, amparada pola Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, IXP Mel de Galicia, Grelos amparados pola IXP Grelos de Galicia, patacas da IXP Patacas de Galicia, IXP Lacón Galego, etc, produtos todos eles comercializados a través duns 30 postos de venda, que tamén inclúen outros produtos non alimentarios como pode ser calzado, roupa, mercería, ferramentas e produtos artesanais derivados do ferro, maquinaria, etc. sen esquecernos como non podía ser doutro xeito do polbo á feira, de grande zona e aceptación en toda a comarca. A celebración destes días de feira fai que o pobo se encha tamén de xente e visitantes.
Estas feiras de Lourenzá, conservan o tradicional e fundamental papel que xogaron as feiras na economía rural, os seus comezos están vinculados á actividade comercial favorecida polos excedentes agrícolas, aos que se irían sumando outros produtos artesanais.