DESPOIS DO ÉXITO DE PÚBLICO NAS DÚAS OBRAS REPRESENTADAS ESTE MES A CONCELLERÍA DE CULTURA DECIDIU ORGANIZAR OUTRO CICLO DE TEATRO PARA COMEZOS DO 2014

Lourenzá, 18 de novembro de 2013. Despois do éxito de público nas dúas obras representadas este mes no salón de actos da Casa da Cultura de Lourenzá, que estivo abarrotado de espectadores, o Concello organizará outro ciclo de teatro para comezos do vindeiro ano 2014.

A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, explicou hoxe que “levouse a cabo a segunda representación do ciclo de teatro, dentro do circuíto Buxiganga 2013. De novo o público ateigou o salón de actos da Casa da Cultura, nesta ocasión para gozar durante máis de dúas horas coa representación da peza titulada Ruídos na casa que representou a compañía Raiolas, de Alfoz”.

Lupe Flórez engadiu que “en vista do éxito de público dende a Concellería de Cultura imos tentar organizar un novo ciclo de teatro de cara a comezos do ano 2014 para ofrecerlle a oportunidade aos veciños de Lourenzá de presenciar novas pezas de teatro popular representadas compañías do noso entorno”.