A biblioteca pública municipal Juana de Ibarbourou celebrou o Día das Letras Galegas cunha xornada de animación a lectura para os alumnos do CEIP Juan Rey, que se desenvolveu no centro onte, venres, e fixo públicos os premiados no certame de debuxo e narración.
Na actividade que se celebrou no colexio Juan Rey participaron todos os alumnos, tanto de Infantil como de Primaria. Foi organizada pola Concellería de Cultura, a través da biblioteca municipal, dentro do programa de fomento da lectura Ler conta moito, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia.
O espectáculo titulado Conto contigo, deseñado por Expresión Producións, correu a cargo de Manuel Solla Barragáns, que ofreceu unha experiencia de animación á lectura con contos e houbo moita participación por parte dos nenos asistentes.
Por outra parte, o xurado do certame de narración e debuxo convocado pola biblioteca de Lourenzá para conmemorar o Día das Letras Galegas fixo pública a súa deliberación onte, venres, e a entrega de diplomas e a entrega de diplomas e agasallos aos premiados farase neste mes.
A concelleira de Cultura e Educación en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, explicou que “os nenos e nenas seleccionados nesta convocatoria local pasan a participar na fase provincial do certame, para a que lles desexamos moita sorte”.
GAÑADORES CERTAME Letras Galegas 2014
Temática: “Cociñando contos”
Convocatoria Biblioteca Pública Municipal “Juana de Ibarbourou”
(Lourenzá)
DEBUXO
Categoría A (ata 8 anos)
1º premio
|
Sara El Moukif
|
2º premio
|
Carlos Docampo Iglesia
|
3º premio
|
Andrea López Rodríguez
|
NARRACIÓN
Categoría B (de 9 a 11 anos)
1º premio
|
Antía Lillo Irimia
|
NARRACIÓN
Categoría C (de 12 a 16 anos)
1º premio
|
Javier Álvarez Méndez
|