MAÑÁ, SÁBADO 31 DE AGOSTO, CELEBRARASE A VII MOSTRA FOLCLÓRICA NA PRAZA DO CONDE SANTO. COMEZARÁ ÁS 19:00 HORAS, AO REMATE DA SAÍDA DOS COCOS

Mañá, sábado 31 de agosto, celebrarase a VII Mostra Folclórica de Lourenzá na praza do Conde Santo. Comezará ás sete da tarde, ao remate da saída dos Cocos.

Na mostra, organizada polo Concello de Lourenzá e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, actuarán a Escola Municipal Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, e a Asociación Cultural Río Miño, de Portomarín.

Se as condicións meteorolóxicas o permiten realizarase na praza do Conde Santo, pero en caso de choiva trasladarase ao pavillón polideportivo municipal.